Mañá celébranse os cuartos de final e as Semifinais da Compostela Cup de Fútbol Sala.

A Compostela Cup do Camiño de Fútbol Sala a partir de mañá vai celebrar os os cuartos de final e as semifinais de Copa en todas as categorías agás sub-16, que xa ten a final decidida, e as semifinais e finais de Consolación nas categorías sub-10 e sub-12.

Sub-8
Nesta categoría a partir das 10h vanse xogar os cuartos de final no pavillón do Restollal. Pola tarde nesta mesma instalación ás 20′10h e ás 21h vanse xogar as seminfinais.
Sub-10
A partir das 10h vanse xogar os cuartos de final no pavillón de Santa Isabel. Tamén a partir desa hora, mais neste caso no pavillón de Lamas de Abade vaise xogar as semifinais de Consolación.
As semifinais de Copa nesta categoría van ter lugar no Restollal ás 18′30 e 19′30h respectivamente. A final de Consolación será tamén neste mesmo pavillón a partir das 16′50h.
Sub-12
A partir das 10h xogaranse os cuartos de final desta categoría no pavillón de Quiroga Palacios. As semifinais de Consolación van ter lugar a partir das 11′40h no Lamas de Abade.
As semifinais de Copa terán lugar en Santa Isabel a partir das 16h. Ademais a final de Consolación será, tamén nesta instalación a partir das 21h.
Sub-14
Os cuartos de Copa vanse xogar no Pavillón de Roxos a partir das 10h. Así mesmo, as semifinais terán lugar ás 17′40h e ás 18′30h en Santa Isabel.
Sub-16
A Final terá lugar o domingo ás 11′40h no Restollal entre o Bertamiráns FC e o Compañía de María.
Sub-19 Masculino
As semifinais terán lugar mañá en Santa Isabel ás 19′20 e ás 20′10h respectivamente.
Sub-19 Feminino
As semifinais de Copa van ter lugar mañá en Quiroga Palacios ás 16h e 17h respectivamente.

Todos os emparellamentos de de cuartos e semifinais están aquí

Imprime esta información Imprime esta información

Os comentarios están pechados


Caixanova Fundacion Compostela Deporte Direccion Xeral Turismo Xunta de Galicia

Web creada e deseñada por Daniel Fraga Blanco utilizando o xestor de contidos Wordpress

Ver nota legal