Esta tarde celébranse as Semifinais da Compostela Cup de Fútbol Sala.

A Compostela Cup do Camiño de Fútbol Sala a partir desta tarde vai celebrar os os cuartos de final e as semifinais de Copa en todas as categorías agás sub-16, que xa ten a final decidida, e as semifinais e finais de Consolación nas categorías sub-10 e sub-12.
Sub-8
Nesta categoría a partir das 20′10h e ás 21h vanse xogar as seminfinais entre o VC Europa Milladoiro e CD Conxo por unha banda, e pola outra entre o SD Villetro e a Mercé.
Sub-10
As semifinais de Copa nesta categoría van ter lugar no Restollal ás 18′30 entre o Bertamiráns FC e o CD Conxo e ás 19′20 o Vista Alegre A e o Gualtar-Teresiano. A final de Consolación será tamén neste mesmo pavillón a partir das 16′50h entre o CD Monte dos Postes e o Gualtar Teresiano B.
Sub-12
As semifinais de Copa terán lugar en Santa Isabel a partir das 16h por unha banda entre o Rodiñas FS e o CD Bosco. Ademais a final de Consolación será, tamén nesta instalación a partir das 21h entre o CD Cía de María e o CD Senra.
Sub-14
As semifinais terán lugar ás 17′40h xógase o CD Cía de María e CD Bosco e ás 18′30h en Santa Isabel tamén, entre o CD La Salle e o SD Milladoiro.
Sub-16
A Final terá lugar o domingo ás 11′40h no Restollal entre o Bertamiráns FC e o Compañía de María.
Sub-19 Masculino
As semifinais terán lugar mañá en Santa Isabel ás 19′20 e ás 20′10h respectivamente entre o Vista Alegre e o PB Arzúa por unha banda e por outra o ATL Carrilana Xa Chegou.
Sub-19 Feminino
As semifinais de Copa van ter lugar mañá en Quiroga Palacios ás 16h e 17h respectivamente.
Todos os emparellamentos de de cuartos e semifinais están aquí
Imprime esta información