A Compostela Cup xa esta presente en Porto
O pasado 11 de Febreiro presentouse a Hernani Cup no CCDT-CMP de Porto, onde estiveron presentes os altos responsabeis da Compostela Cup, na figura do xerente D. Santiago Araújo e o director deportivo D. Xose M. Lobato, o torneo internacional conta co apoio do seu homólogo galego seguindo co acordo de colaboración entre a Fundación Compostela Deporte e a Escola de Fútbol Hernani Gonçalves.
Tras o grande evento destes dias de Carnaval onde competiron na vila de Porto un total de 24 equipos, con case 300 deportistas, tamen participaron equipos de Italia, España e equipos do Norte, Sur e Centro de Portugal.
Neste Torneo rematarón campións na categoría Sub.11 os Pinheirinos de Ringe que venceu na final ao Dragon Force (escola do FC Porto), na Sub.13 o EF Hernani Gonçalves venceu por 1-0 ao Imortal DC do Algarbe e para rematar a Sub.15 tivo como vencedor ao FC Perafita , que gañou a tanda de penaltis ao EF Hernani Gonçalves por 3-2, tras rematar o xogo cun 3-3 final.
Todos estos equipos terán a posibilidade de estar na Compostela Cup nas modalides de fútbol e fútbol 7 nos meses de xuño e xullo segundo o acordo de colaboración que manteñen a Organización do evento en Portugal coa homóloga da capital galega.
Imprime esta información