Actividades Complementarias 2.010

 A Organización da Compostela Cup do Camiño 2.010 xa ten definida unha gran parte das actividades complementarias que van acompañar o desenvolvemento da actividade deportiva, entre elas atopanse:

  1. Día da Árbore , onde seguiremos mantendo o compromiso co Medio Ambiente coa plantación de árbores, así como obradoiros sobre a Natureza.
  2. Día da Maxia Celta, co que trasladaremos a todos os asistentes a unha Noite Meiga con discoteca e agasallos para todos os participantes.
  3. Camiño de Santiago, presente sempre neste Evento onde todos os acompañantes poderán facer distintas partes dos Camiños Francés e Portugués para así lograr a Compostelana, tamén incluímos neste punto as visitas guiadas a zonas da Costa da Morte e das Rías Baixas:

    programa-caminho-de-santiago-portuguas

    programa-camino-de-santiago-castellano

  4. Cerimonias,  tanto de Clausura como de Inauguración , as cales se levaran a cabo en lugares emblemáticos da Cidade de Santiago de Compostela como a Praza do Obradoiro coa Catedral de Santiago como marco incomparable.
  5. Clinic, para rematar a Organización quere introducir un clinic formativo sobre varios temas de interese dentro da comunidade formativa nas distintas categorías do deporte base , se queres podes aportar a túa idea ou inquietude que che gustaría tratar  como adestrador, xogador,…, ao seguinte correo:

compostelacup@fundacioncompostela.org

 

Imprime esta información Imprime esta información

Os comentarios están pechados


Caixanova Xacobeo Fundacion Compostela Deporte Fundacion Compostela Deporte Direccion Xeral Turismo Xunta de Galicia

Web creada e deseñada por Daniel Fraga Blanco utilizando o xestor de contidos Wordpress

Ver nota legal