Acordo de colaboración entre a Compostela Cup e a AEFP

O pasado luns ,día 2 de Novembro, tras unha longa reunión na cidade de Porto entre o presidente da Asociación de Escolas de Fútbol de Portugal ( AEFP) , Profesor Rui Pacheco, e os representantes da Compostela Cup, Santiago Araujo, Xose M. Lobato e Alex Parada, valoraronse novos puntos de vista e accións formativas que se van emprender na nova Edición.

Algunhas destas ideas van encamiñadas a dar entrada a categoría Sub.7 (nados antes do 01/01/2.003) na modalide de Fútbol 5, onde se incorporan novidades formativas, como por exemplo 3 tempos de xogo (12 minutos por parte) onde todos os integrantes do equipo teñen que disputar ao menos un tercio na súa totalidade. Outra das novas incursións nesta categoría vai no eido dos colexiados, esta categoría vai se usar como banco de provas para os novos colexiados así como o uso de adestradores e intregantes da Organízación para a dirección dos xogos.

A  Compostela Cup do Camiño 2.010 vai contar con novas melloras e propostas formativas nas que esta a traballar a Organización, que en breve vos faremos coñecedores das mesmas.

Imprime esta información Imprime esta información

Os comentarios están pechados


Caixanova Fundacion Compostela Deporte Direccion Xeral Turismo Xunta de Galicia

Web creada e deseñada por Daniel Fraga Blanco utilizando o xestor de contidos Wordpress

Ver nota legal