Breogán de Oleiros na categoría infantil e Galmedica B na absoluta, primeiros campións de tenis de mesa

Breogán de Oleiros na categoría infantil e Galmedica B de Ourense na absoluta, son os primeiros campións de tenis de mesa da Compostela Cup deo Camiño 2009 -organizada pola Fundación Compostela Deporte co patrocinio de Xacobeo e Caixanova-. A entrega de premios contou coa presencia da Concelleira de Seguridade Cidadá de Santiago, Marta Álvarez-Santullano; o Concelleiro de Deportes de Oroso, Eduardo Veiras; o Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, José Fernández Alborés; o Xerente da Fundación, Santiago Araújo; e o Coordinador de tenis de mesa do Torneo, Pablo Lois, quen expresou o agradecemento da organización ao Concello de Santiago e á Federación Galega de Tenis de Mesa pola colaboración prestada para o desanvolvemento desta Fase Final de tenis de mesa.

O Breogán de Oleiros estivo acompañado no podio por: Arteal Tenis de Mesa de Santiago, segundo, e o Mercantil de Vigo, terceiro. Mentres que ao gañador da categoría absoluta, Galmedica B de Ourense, o acompañaron CTM Ceibe de Lalín, segundo, e Arteal TM de Santiago, terceiro.

Etiquetas: ,

Imprime esta información Imprime esta información

Os comentarios están pechados


Caixanova Fundacion Compostela Deporte Direccion Xeral Turismo Xunta de Galicia

Web creada e deseñada por Daniel Fraga Blanco utilizando o xestor de contidos Wordpress

Ver nota legal