Amio en dúas categorías, Conxo, Ames, Burela, Bembrive e Pazos de Borbén, campións de fútbol sala

CD Conxo Sarela na categoría sub 8, EDM Ames A en sub 10, Amio SD B en sub 12, Amio SD en sub 14, Burela FS en sub 16, CDM Bembrive en sub 19 feminina e Pazos de Borbén FS en sub 19 masculina, son os campións da Fase Final de fútbol sala da Compostela Cup do Camiño 2009 -organizada pola Fundación Compostela Deporte co patrocinio de Xacobeo e Caixanova-. Os ánimos e aplausos do público aos(as) participantes volveron a ser protagonistas no pavillón de Santa Isabel.

A entrega de premios contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación, Bernardino Rama; o Vicepresidente da Agrupación de Deportistas Veteranos, Alberto Quintana; o Coordinador de fútbol sala do Torneo, Ramón Blanco; ye o Xerente da Fundación, Santiago Araújo.

CD Conxo Sarela é o Campión da categoría sub 8 tras vencer na final a Casikesi Milladoiro por oito goles a un. Aínda que a deportividade foi absoluta nas cinco xornadas de competición, estes dous equipos foron os que dun xeito máis patente deixaron mostra, tras a entrega de premios, de que deixando á marxe o aspecto estritamente competitivo -no deporte base o resultado non é o máis importante-, a Compostela Cup do Camiño 2009 cumpriu cun dos seus principais obxectivos: o fomento dos lazos de amizade. Campión e subcampión quixeron fotografarse xuntos para gardar un entrañable recordo do Torneo.

EDM Ames A acadou o título na categoría sub 10 tras vencer na final a Filtralar Milladoiro por seis tantos a tres. Na final do Torneo de Consolación desta categoría CD Compañía de María gañou a Bertamiráns FC.

O Campión da categoría sub 12 é Amio SD B ao superar na final a EDM Ames A por catro a tres. E o gañador do Torneo de Consolación desta categoría é EDM Mazaricos, que gañou a San Pedro FC.

Amio SD se fixo co título na categoría sub 14, ao acadar o triunfo na final fronte a Bertamiráns FS por seis goles a dous. E na categoría sub 16 o Campión é o Burela FS tras vencer na final desta categoría ao Peña Bodegón Arzúa.

O CDM Bembrive é o campión da categoría sub 19 feminina tras igualar a dous tantos no tempo regulamentario da final ante o Funeraria Apóstol e superar a este último na quenda de penaltis (4-3). E o título na categoría sub 19 masculina foi para Pazos de Borbén FS, que venceu na final a Café Carrilana por seis goles a dous.

Recoñecementos individuais

A organización da Compostela Cup do Camiño 2009 tamén quixo recoñecer aos xogadores(as) máis destacados(as) ao longo desta Fase Final de fútbol sala nas diferentes categorías.

Sub 8: Manuel Macía (CD Conxo Sarela)
Sub 10: Nuria Rábano (Filtralar Milladoiro)
Sub 12: Pedro Manuel Andrade (Santo Tirso)
Sub 14: Adrián Alvite (Bertamiráns FC)
Sub 16: Alejandro Ramos (Burela FS)
Sub 19 feminina: Natalia Sánchez (Funeraria Apóstol)
Sub 19 masculina: Sergio González (Café Carrilana)

Así como ao mellor adestrador: Paulo Gomes, da categoría sub 10 do Colegio Teresino. E ao mellor árbitro: José Ángel Vilas.

Etiquetas: ,

Imprime esta información Imprime esta información

Os comentarios están pechados


Caixanova Fundacion Compostela Deporte Direccion Xeral Turismo Xunta de Galicia

Web creada e deseñada por Daniel Fraga Blanco utilizando o xestor de contidos Wordpress

Ver nota legal