A Fundación expresa o seu agradecemento a todos os que fixeron posible o Torneo

A Fundación Compostela Deporte como entidade organizadora da Compostela Cup do Camiño 2009 quere agradecer ao seu Presidente e Alcalde de Santiago Xosé Antonio Sánchez Bugallo; ao seu Vicepresidente e Concelleiro de Deportes e Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Bernardino Rama Seoane, e aos demáis membros do Padroado, a súa implicación total co Torneo, a súa colaboración na organización do mesmo e pola súa asistencia aos distintos eventos desenvolvidos ao longo dos últimos oito meses. E grazas á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Grazas as outras pezas importantes da Compostela Cup do Camiño, os Alcaldes e Concelleiros de Deportes e persoal dos concellos galegos, do resto de autonomías españolas e de Portugal: Ames, Arzúa, Boiro, Boimorto, Burgos (Castilla León), Castropol (Asturias), Cerceda, Dodro, Ferrol, León (Castilla León), Lugo, Melide, Mos, Muros, Noia, Oroso, Ourense, Porto (Portugal), Redondela, Ribadeo, Ribeira, Teo, Verín e Xinzo. Grazas tamén pola súa asistencia aos distintos eventos desenvolvidos.

Grazas aos patrocinadores: a Sociedade Xestora do Plan Xacobeo e Caixanova. Así como a colaboración das institucións: Deputación da Coruña, Universidade de Santiago, Fundación Deporte Galego e das entidades comerciais: Alcampo, Área Central, Aquagest, Ruafer Construcciones, S.A., Grupo Noya, Grupo Correo Gallego, Begano - Coca Cola, Umbro, Centro Deportivo, Monbus, Lease Plan, La Tecla, Pedras de Santiago, Señorío de Roblido e Toldos Gómez.

Grazas ás Federacións Galegas de: Atletismo, Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Fútbol Sala, Tenis de Mesa, Ciclismo, Loita e Xadrez, e á Agrupación de Deportistas Veteranos e a Asociación de Xogos Tradicionais.

Gracias tamén a la Cruz Roja y los miembros de la Policía Local de Santiago y de los ayuntamientos vecinos que acogieron las fases previas de la Compostela Cup del Camino 2009, que velaron para que o Torneo transcorrese con seguridade, normalidade e sen incidentes.

Grazas aos directivos, técnicos, xogadores e demais persoal dos clubes participantes nas dez modalidades deportivas da competición, e nas distintas categorías de cada unha delas, procedentes das catro provincias galegas, do resto de autonomías do estado e do estranxeiro.

Grazas aos voluntarios, membros da organización, asesor deportivo, coordinadores e colaboradores de cada modalidade deportiva, árbitros, comités de competición e coordinadores das actividades complementarias. Grazas tamén ao persoal do Concello de Santiago e do Departamento Municipal de Deportes.

Grazas aos medios de comunicación por levar a Compostela Cup do Camiño 2009 a tódolos recunchos da cidade e do resto da xeografía galega, española e estranxeira.

E, como non, grazas a tódolos afeccionados ao deporte base por facer que o esforzo de todos e todas as institucións e entidades públicas e privadas, antes e durante a Compostela Cup do Camiño 2009, pagase a pena. Grazas a tódolos cidadáns polo seu comportamento e polo seu apoio e os seus ánimos aos participantes desde as bancadas nos distintos pavillóns e campos nos que se desenvolveron as tres fases do Torneo.

É imposible facer unha relación nominal. Hai nomes que non aparecen nesta nota por motivos de espazo, pero que quedan reflectidos de maneira implícita nas súas institucións, entidades, empresas ou colectivos. Grazas porque sabemos que contamos coa vosa comprensión neste senso.

Moitas grazas a todos e todas de todo corazón. Se só unha destas pezas houbese fallado, a Compostela Cup do Camiño 2009 non houbese podido cumprir co seu obxectivo de ser unha festa do deporte base na que confluíron: deporte, cultura e lecer.

Etiquetas: , , , , , , , , , , ,

Imprime esta información Imprime esta información

Os comentarios están pechados


Caixanova Fundacion Compostela Deporte Direccion Xeral Turismo Xunta de Galicia

Web creada e deseñada por Daniel Fraga Blanco utilizando o xestor de contidos Wordpress

Ver nota legal